Deixámosvos unha nova aplicación multimedia que é un recurso motivador para iniciarse na aprendizaxe da lectoescritura. Chámase a Cova de Tragapalabras e conta con varios xogos moi divertidos!
O primeiro que tes que facer é escribir o teu nome no carné, e despois, darlle ás tesoiras, e comeza o xogo!
Hoxe, 2 de abril conmemórase o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, e tamén o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Por isto, queremos compartir un par de contos, que nos gustan moito: O cazo de Lorenzo, e Por cuatro esquinitas de nada.
Estas historias nos axudan a ver a importancia de aceptar e valorar as diferenzas, e non querer cambiar, nin facer que os outros cambien para poder encaixar.
El cazo de Lorenzo.
Por cuatro esquinitas de nada.
Esperamos que gocedes con estes maravillosos contos.
Aplicación de apoio para a aprendizaxe da lecto-escritura a través de distintos xogos: puzzles, asociación letras-gráficos, xogo de ladrillos, teclealetras, 4 en liña, descobre ao pirata, arrastraletras, submarino, labirinto...
Videos, xogos interactivos e actividades para imprimir de Pocoyo Dende a páxina de inicio pódese acceder a videos e actividades doutros personaxes de series infantiles