viernes, 19 de junio de 2020

Fin de curso

Hoxe é o último día de curso, e aínda que foi moi diferente ao que estamos afeitos, celebramos que chegaron as vacacións de verán.
Feliz verán a todas e todos! Vémonos en setembro!

lunes, 15 de junio de 2020

Contos do mar

Esta semana fixemos unha proposta de actividades relacionada co mundo mariño.🐳🐬🐠🐟🐋🌊
Aquí completamos a nosa proposta cun par de contos: Nadarín e Amos y Boris.
Esperamos que vos gusten!



 

sábado, 6 de junio de 2020

Creacións inspiradas na obra de Kandinsky.

As nenas e nenos de infantil fixeron unhas obras de arte estupendas inspiradas no cadro de Kandinsky "Cadrados e círculos concéntricos". Premede na imaxe para acceder á galería!

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisaacperal/galeria/thumbnails.php?album=778

jueves, 4 de junio de 2020

Celebrade o Día Internacional do Medio Ambiente!

Para gozar neste día tan importante, esperamos que podades saír a pasear por algún espazo natural.
Tamén deixamos algunhas actividades coas que pensamos que podedes pasar un bo rato, hoxe ou calquera día.
Se premedes nas imaxes accedes á páxina web de cada actividade.

PINCEIS NATURAIS
https://www.pinterest.es/pin/637259415992655570/
 MÓVIL DA NATUREZA
https://www.myteenguide.com/nature-mobile-fall-craft-for-kids/
 SIMETRÍAS
https://theimaginationtree.com/symmetrical-pattern-making-with-natural-materials/
 COLGANTES DE PAREDE
http://mericherry.com/2015/11/16/nature-craft-wall-hangings/
 RETRATOS
https://happyhooligans.ca/nature-faces/

miércoles, 3 de junio de 2020

¿Qué le pasa al planeta?


Dende a páxina web Cuentos en la Nube, ofrécennos unha serie de vídeocontos para gozar co seu visionado. 
Hoxe escollemos ¿Qué le pasa al planeta?, continuando as conmemoracións do Día Internacional do Medio Ambiente, salientando a importancia do seu coidado e conservación, xa que é a casa de todos e todas.

 
Esperamos que vos guste!

lunes, 1 de junio de 2020

Día Mundial do Medio Ambiente ao ritmo da música!

O próximo venres 5 de xuño, celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente, por iso, ao longo da semana realizaremos publicacións para conmemorar como se merece este día.

Hoxe o facemos ao ritmo da música de Mamá Cabra.
Compartimos un disco que leva por título A fraga do meu avó, que recolle preciosas cantigas.
Premede na imaxe e iredes á páxina de Youtube na que está toda a lista de reprodución.
Tamén a tedes dispoñible en Spotify.

https://www.youtube.com/watch?v=HacNN0T83nU&list=OLAK5uy_kJJ9JiPT80IUttAoxTHz2QSPh6scPO1Uo

miércoles, 27 de mayo de 2020

Xogos de memoria

Imos a exercitar un pouco a mente!
Déixovos un par de xogos para poñer a proba a vosa memoria.
Teñen diferentes niveis, así que ide probando e avanzando!

https://arbolabc.com/juegos-de-memoria/memoria-arbol-abc

https://arbolabc.com/juegos-de-memoria/memoria-animales