Esta semana fixemos unha proposta de actividades relacionada co mundo mariño.🐳🐬🐠🐟🐋🌊
Aquí completamos a nosa proposta cun par de contos: Nadarín e Amos y Boris.
Esperamos que vos gusten!
Para gozar neste día tan importante, esperamos que podades saír a pasear por algún espazo natural.
Tamén deixamos algunhas actividades coas que pensamos que podedes pasar un bo rato, hoxe ou calquera día.
Se premedes nas imaxes accedes á páxina web de cada actividade.
O próximo venres 5 de xuño, celébrase o Día Internacional do Medio Ambiente, por iso, ao longo da semana realizaremos publicacións para conmemorar como se merece este día.
Hoxe o facemos ao ritmo da música de Mamá Cabra.
Compartimos un disco que leva por título A fraga do meu avó, que recolle preciosas cantigas.
Premede na imaxe e iredes á páxina de Youtube na que está toda a lista de reprodución.
Tamén a tedes dispoñible en Spotify.
Recollemos unha serie de xogos para recoñecer e identificar as formas xeométricas.
Son de diverso tipo, así que proba a ver cal é o que máis che gusta!
Neste xogo tes que identificar as formas xeométricas, ideal para recordalas!
Para avanzar tes que estar moi atento as indicacións!
Abre ven os ollos e coloca cada figura no seu lugar.
Neste xogo hai que completar as series. Axudamos a serpe a comer !
Videos, xogos interactivos e actividades para imprimir de Pocoyo Dende a páxina de inicio pódese acceder a videos e actividades doutros personaxes de series infantiles