miércoles, 27 de mayo de 2020

Xogos de memoria

Imos a exercitar un pouco a mente!
Déixovos un par de xogos para poñer a proba a vosa memoria.
Teñen diferentes niveis, así que ide probando e avanzando!

https://arbolabc.com/juegos-de-memoria/memoria-arbol-abc

https://arbolabc.com/juegos-de-memoria/memoria-animales

martes, 19 de mayo de 2020

Vídeo dos Maios e vídeo de Cocorico

Recollemos nesta entrada dous vídeos moi especiais, que xa foron publicados na páxina web do colexio.
Estamos seguras que gozáchedes con eles, e queredes velos moitas veces, así que os deixamos aquí para que os teñades máis a man!

O vídeo dos Maios de Infantil na casa.


E o vídeo de Cocorico contado polas mestras de Infantil.

miércoles, 13 de mayo de 2020

Ricardo Carvalho Calero, Letras Galegas 2020


 Este ano tócanos celebrar as Letras Galegas dende casa. nas propostas semanáis, xa deixamos algunas actividades, pero aquí tedes outra proposta.
No seguinte enlace poderedes ler  a obra de Ricardo Carvalho Calero, As pitas baixo a choiva; así como escoitar vasrias cantigas, e tamén facer algunhas actividades relacionadas coa obra. As actividades son de diferentes nivéis, escolle a que máis che guste!
http://aspitas.gal/

Tamén tedes un enlace para descargar un novo conto dos Bolechas, sobre este autor ferrolán.

https://www.lingua.gal/recursos/todos/_/letras-galegas/2020/contido_0011/bolechas-carvalho-calero

 Esperamos que gocedes en familia con esta proposta!

jueves, 7 de mayo de 2020

Xogos con formas xeométricas

Recollemos unha serie de xogos para recoñecer e identificar as formas xeométricas.
Son de diverso tipo, así que proba a ver cal é o que máis che gusta!


https://arbolabc.com/juegos-de-figuras-geometricas/aprendamos-las-formas
 Neste xogo tes que identificar as formas xeométricas, ideal para recordalas!

https://arbolabc.com/juegos-de-figuras-geometricas/volcan-de-formas

Para avanzar tes que estar moi atento as indicacións!

https://arbolabc.com/juegos-de-figuras-geometricas/locometria

 Abre ven os ollos e coloca cada figura no seu lugar.

http://www.takatamuser.com/6-7-ans/suites-logiques-takaseries-niveau-1.html

Neste xogo hai que completar as series. Axudamos a serpe a comer !