lunes, 27 de abril de 2020

CASIÑAS DE PAXAROS

As nenas e nenos de Infantil crearon casiñas para os paxaros, e así poder observar se veñen de visita, e pasar estes días máis acompañados.

Premede na imaxe para acceder a galería de fotos.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisaacperal/galeria/thumbnails.php?album=775

As casiñas quedaron moi bonitas, seguro que moitos paxaron van de visita!

martes, 21 de abril de 2020

Día do Libro

Para celebrar o Día do Libro, as mestras de infantil recomendámosvos uns libros, para que celebredes este día tan especial.

Iris, a titora de 3 anos, recomenda, A que sabe a lúa?

Sofía, a titora de 4 anos A, recomenda, A cebra Camila.

Lorena, a titora de 4 anos B, recomenda, Orellas de volvoreta, e La rabieta de Julieta.




Laura, a titora de 5 anos A, recomenda, La huerta de Simón.

Margarita, a titora de 5 anos B, recomenda, El cocodrilo al que no le gustaba el agua.


Emma, a mestra de música, deixa tamén as súas recomendacións.
 Esperamos que celebredes este día lendo en familia!

jueves, 16 de abril de 2020

A cova de Tragapalabras



Deixámosvos unha nova aplicación multimedia que é un recurso motivador para iniciarse na aprendizaxe da lectoescritura. Chámase a Cova de Tragapalabras e conta con varios xogos moi divertidos!

O primeiro que tes que facer é escribir o teu nome no carné, e despois, darlle ás tesoiras, e comeza o xogo!

http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2007/cueva_tragapalabras/
 

lunes, 13 de abril de 2020

Día Internacional do Bico

Hoxe, 13 de abril é o Día Internacional do Bico, e queremos conmemoralo con contos e música.
Celebrádeo! e dade moreas de bicos!







  


jueves, 2 de abril de 2020

2 de Abril

Hoxe, 2 de abril conmemórase o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, e tamén o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Por isto, queremos compartir un par de contos, que nos gustan moito:  O cazo de Lorenzo, e Por cuatro esquinitas de nada. 

Estas historias nos axudan a ver a importancia de aceptar e valorar as diferenzas, e non querer cambiar, nin facer que os outros cambien para poder encaixar. 


El cazo de Lorenzo.


Por cuatro esquinitas de nada.

Esperamos que gocedes con estes maravillosos contos.